Saltar ao contido

Berta Lutz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBerta Lutz

(1925) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Bertha Lutz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1894 Editar o valor en Wikidata
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
Morte16 de setembro de 1976 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Río de Xaneiro, Brasil Editar o valor en Wikidata
Deputada federal pelo Rio de Janeiro (pt) Traducir
28 de xullo de 1936 – 10 de novembro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeBrasil Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de París Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHerpetoloxía Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Brasilia Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoóloga , política , escritora , herpetóloga , activista polos dereitos das mulleres , botánica Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua portuguesa Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaLutz Editar o valor en Wikidata
Abreviatura do autor en zooloxíaLutz Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiAdolfo Lutz Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Lutz-4291

Bertha María Julia Lutz, nada en São Paulo o 2 de agosto de 1894 e finada en Río de Xaneiro o 16 de setembro de 1976, foi unha naturalista, zoóloga, profesora e pioneira do feminismo no Brasil.[1] En 1945 xogou un papel fundamental para que a Carta das Nacións Unidas mencionase ás mulleres.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla do médico e epidemiólogo suízo Adolfo Lutz (1855-1940) e da enfermeira inglesa Fowler Lutz.[2]

Estudou ciencias naturais e foi zoóloga en París, na Sorbona, con especialización en anfibios anuros; estudando especies de ras da familia Hylidae.[3] A ra rápida de Lutz (Paratelmatobius lutzii Lutz & Carvalho, 1958) foi codescrita por ela.[4] Zoóloga de profesión, en 1919, foi contratada polo Museu Nacional do Rio de Janeiro, alcanzou enorme repercusión no país, debido a que o acceso aos cargos públicos estaba prohibido ás mulleres nese momento.[5] Máis tarde, converteuse en naturalista da Sección Botánica, da mesma institución. Ao longo da súa vida, Lutz publicaría numerosos estudos e publicacións científicas entre os que destacan: “Observations on the life history of the Brazilian Frog” (1943), “A notable frog chorus in Brazil” (1946), “New frogs from Itatiaia mountain” (1952).[6]

Despois de tomar contacto cos movementos feministas de Europa, e de EE. UU., Berta creou as bases do feminismo brasileiro. En 1922 fundou a Federación Brasileira para o Progreso Feminino (FBPF) despois de representar ao Brasil na Asemblea xeral da "Liga das Mulleres Sufraxistas", realizada nos Estados Unidos, onde foi elixida vicepresidenta da Sociedade Panamericana.

Foi electa suplente como deputada federal en 1934,[7] despois de non gañar en dúas eleccións. En 1936 asumiu o mandato. As súas principais bandeiras de loita foron os cambios na lexislación laboral con respecto ao traballo feminino e infantil, e mesmo a igualdade de remuneración entre xéneros. En 1937, co golpe do Estado Novo, Getúlio Vargas clausurou ambas as Cámaras, facéndolle perder o seu mandato.

En 1945 foi unha das poucas mulleres que puideron participar na Conferencia da ONU de San Francisco na que se asinou a Carta das Nacións Unidas. Como embaixadora do Brasil en devandita conferencia Lutz xogou un papel fundamental en que a carta mencionase explicitamente ás mulleres.[8]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Dúas especies de lagartos brasileiros levan o seu nome: Liolaemus lutzae e Phyllopezus lutzae.[9] Tamén tres especies de ras: Dendropsophus berthalutzae, Megaelosia lutzae e Scinax berthae.[10]
  • En 2001, o Congreso Brasileiro creou o Premio Bertha Lutz, para premiar a mulleres que traballaran na defensa dos dereitos das mulleres e da igualdade de xénero.[1]
  1. 1,0 1,1 "Bertha Lutz (1894-1979): una zoóloga que lideró el movimiento feminista en Brasil". Mujeres con ciencia (en castelán). 2018-12-20. Consultado o 2020-08-02. 
  2. Guilherme Gantois de Miranda: Berta Lutz: cientista e feminista em luta pela emancipação da mulher. ([Ligazón morta])
  3. bertha Lutz. 1973. Brazilian species of Hyla. University of Texas Press. Austin.
  4. Beolens, Bo. (2011). The eponym dictionary of reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0227-7. OCLC 794700413. 
  5. Usuario, Super. "Bertha Lutz: una sufragista brasileña en el laboratorio". Fabrica de la Memoria. Recuperación de la Historia de las Mujeres (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-02. 
  6. Lôbo, Yolanda Lima (2010). Bertha Lutz. Editora Massangana. 
  7. "Bertha Lutz — Senado Notícias". Senado Federal (en portugués). Consultado o 2020-08-02. 
  8. "Women and the UN Charter". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2016. Consultado o 26 de xuño de 2016. 
  9. Beolens, Bo. (2011). The eponym dictionary of reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0227-7. OCLC 794700413. 
  10. Beolens, Bo. The eponym dictionary of amphibians. Exeter [England]. ISBN 978-1-907807-41-1. OCLC 842901176. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Tsjeng, Zing (2020). Mujeres olvidadas : las científicas. Madrid. ISBN 978-84-415-4214-3,

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]